David Couñago pregunta no Pleno sobre a ponte de Casal do Monte en Saxamonde.
“Conseguimos o compromiso de que a falta dun documento de RENFE, as obras sairán a licitación”.
15 xul. 2024 - 12:25
Na sesión plenaria de xuño o edil nacionalista, a traverso dunha pregunta escrita, interesouse pola situación da reforma da ponte en Casal do Monte, Saxamonde. “Trátase dunha obra inacabada pola que a veciñanza leva agardando anos”, declarou Couñago.
Tras un breve recordatorio no que se recollían os feitos máis destacados desta obra xa de 2019. O Consello Parroquial de Saxamonde propuxo a obra de reforma da ponte sobre a vía férrea, que inicialmente supoñían unha inversión de 173.000€.
“Nunha xuntanza en Saxamonde durante a pandemia, a alcaldesa comprometeu o reinicio das obras ”, insitíu David Couñago. “A día de hoxe, non se moveu nada”.
Paralelamente un veciño da zona, cedeu unha propiedade para acopio de material, co compromiso de que se reporía á súa situación orixinal. “A finca está ocupada por unha grande cantidade de terra e refugallo, converténdose nun foco de cría de roedores e culebras”, afirmou.
Dende o goberno municipal respostaron que están á espera de que RENFE aporte un documento imprescindíbel para pasar á licitación da obra, cuxa duración está planificada para seis meses.
“Agardamos que estos prazos se reduzan todo o posible”, declarou finalmente David Couñago.