Alegación ao PXOM do BNG para novos viais en Trasmañó e Saxamonde.
Trátase de dúas parroquias con evidentes carencias de conexión coas principais liñas de comunicación e núcleos urbanos.
No caso de Trasmañó a complexa orografía da parroquia condiciona a construcción de estradas que faciliten o mobemento dos coches. Isto non é motivo para que non se lle busque unha solución no novo Plan Xeral. Debería garantirse que cando menos o enlace co Alto da Encarnación permite que a entrada e saída de vehículos dende a N-552, se desenvolva con maior fluidez.
Saxamonde tampouco conta con viais que se conecten directamente coa estrada N-550 ou N-555, que faciliten que os coches se incorporen ou saian con completa seguridade. O PXOM constitúe unha boa oportunidade para trazar un vial que mellore as condicións de mobilidade dos coches, evitando que sigan pasando por camiños estreitos con mala visibilidade.