O BNG exixe que a pasarela sobre a Autoestrada en Chapela cumpla coa accesibilidade

IMG-20240722-WA0000

David Couñago, “A modificación da pasarela vai incumplir o documento técnico de accesibilidade. O ministerio non tivo en conta a alegación que presentamos”.

 

O BNG exixe que a pasarela sobre a Autoestrada en Chapela cumpla coa accesibilidade
A inminente modificación da pasarela sobre a Autoestrada no barrio de Igrexa en Chapela, non conta co apoio do Bloque Nacionalista Galego. Segundo o seu concelleiro, David Couñago tras unha visita para coñecer o estado das obras de reposición, “soamente se vai ampliar o vano”.
“Vai para dous anos que presentamos varias alegacións co obxectivo de mellorar as compensacións coas que debe contar Chapela”, informa o edil. “Unha das que consideramos máis importante tén a ver precisamente coa accesibilidade desta pasarela ou senda peonil”.
Dende o BNG consideran que as obras non se axustan ao que recolle o “documento técnico de condicións básicas de accesibilidade e non discriminación para o acceso e a utilización dos espazos públicos urbanizados”. “Desaprovéitase a oportunidade para que esta pasarela sexa accesible, indica o concelleiro nacionalista.
“Non imos consentir que se manteña unha pasarela que non cumple coa normativa, que segue sendo un obstáculo para as persoas con mobilidade reducida. Trasladaremos as nosas queixas ao ministerio, a traverso do deputado Néstor Rego e a senadora Carme da Silva.
O BNG exixe que a pasarela sobre a Autoestrada en Chapela cumpla coa accesibilidade