O BNG de Redondela afirma que o goberno de Digna Rivas cede ás a xestión municipal ás empresas

IMG_20240625_083330
Grupo Municipal do BNG de Redondela.
Xoán Carlos González, “ que unha empresa realice a limpeza de camiños non garante que se faga un bo traballo”.

 

O BNG de Redondela afirma que o goberno de Digna Rivas cede ás a xestión municipal ás empresas
Dende a organización nacionalista seguen con preocupación a contratación dunha empresa polo goberno municipal para a limpeza viaria. Consideran que, deste xeito, desenténdense das súas obrigas que a Lei lles outorga, “cedendo ás empresas a xestión de servizos que debería realizarse directamente dende o concello”.

Segundo expresan dende a formación nacionalista, o goberno municipal de Redondela toma iniciativas para baleirar de funcións e responsabilidades as súas competencias. Negan que a xestión a traverso de empresas privadas mellore os servizos e sexan máis rendíbeis economicamente. 

Pola súa banda o voceiro nacionalista Xoán Carlos González expresa a súa preocupación polo aumento do gasto en privatización de servizos do goberno de Digna Rivas. “A limpeza de camiños debe ser un servizo prestado directamente polo concello”, afirma. “O cumplimento do prego do contrato non garante que a concesionaria realice un bo traballo”. Alerta que vai ser moi complicado poder exixir á empresa un bo traballo. Destínanse 900.000€ en dous anos para crear soamente once postos de traballo, durante seis meses.

O edil nacionalista amosa a súa estrañeza polo discurso contraditorio que emana do goberno municipal, onde por unha parte falan de falta de cartos e por outra conceden ás empresas inxentes cantidades do orzamento municipal para o seu negocio. “Só na contratación da limpeza de camiños, de praias e socorristas o concello gasta 600.000€ anualmente”. 

Para o voceiro do BNG, é alarmante a continua privatización de servizos públicos en Redondela “. Considera “ilóxico” que substituiran á encargada de vías e obras para realizar seguemento da limpeza dos camiños municipais por un auxiliar administrativo. Xoán Carlos González empraza á alcaldesa Digna Rivas “a retomar as súas competencias sen ter que acudir á contratación de empresas alleas aos intereses dos veciños e veciñas”

O BNG de Redondela afirma que o goberno de Digna Rivas cede ás a xestión municipal ás empresas