O BNG afirma que o transporte de bacharelato en Redondela está garantido

IMG-20240701-WA0001
O voceiro municipal Xoán Carlos González

Xoán Carlos González, “acordamos co goberno de Digna Rivas costear este servizo co IBI da Autoestrada”.

 

O BNG afirma que o transporte de bacharelato en Redondela está garantido

Ante as informacións verquidas en diversos medios sobre o risco de que 80 alumnos e alumnas de bacherelato de Redondela queden sen transporte escolar, dende o Bloque Nacionalista Galego queremos transmitir ás familias unha mensaxe de tranquilidade.

Negociouse hai varios meses cunha proposta que a organización nacionalista considerou realizable e positiva. O alumnado das parroquias de Redondela que cursan bacharelato, teñen garantido o transporte.

Segundo o voceiro do BNG, Xoán Carlos González, “acordamos co goberno de Digna Rivas que se investisen os 140.000€ que o concello recadará polo IBI da Autoestrada, para solucionar o problema do transporte do bacharelato”. Deste xeito dábase cunha solución “temporal”, posto que se trata dun servizo que compete á Xunta.
Segundo anunciou, “xa se realizaron varios encontros cos autónomos do taxi, cunha boa disposición a chegar a acordo”. Disporíase do número de taxis necesarios para cubrir o servizo e que os 80 mozos e mozas puideran asistir ás clases de bacharelato sen maiores problemas. Quedaban pequenos axustes como o número final de usuarios e usuarias, e as liñas do transporte.
Os cálculos que manexan dende a organización nacionalista ronda os 60.000€ ano sendo necesarios uns vinte taxis. “Ante o desinterese da Xunta polo ensino público en Redondela, o BNG atopou unha solución”, insistíu. Non renunciamos a seguir presentando iniciativas para que o goberno galego subvencione o transporte de bacharelato, “e non sexan os concellos quen paguen servizos que non lle corresponden”, afirma González.
Destaca a actitude dialongante e construtiva do BNG “ frente a quen nos acusa de querer boicotear ao goberno de Redondela”, sinala o voceiro nacionalista. Sorpréndenos a polémica “estéril” creada nestes días “pois este é un tema que xa se repite todos os anos”. 
O BNG afirma que o transporte de bacharelato en Redondela está garantido