O BNG demanda un novo pulo aos Consellos Parroquiais Municipais.
David Couñago, “sospeitamos que non vai dar tempo a executar os orzamentos participativos”.
09 set. 2024 - 12:24
Na sesión plenaria do mes de agosto, como un dos puntos da orde do día, plantexouse a modificación de varios artigos do Convenio Colectivo. Un deles referíase á remuneración aos traballadores e traballadoras municipais como compensación pola responsabilidade de exercer de secretarios e secretarias dos Consellos Parroquiais.
No debate, o concelleiro do BNG, David Couñago, anunciou o apoio á proposta, por ser pactada cos e coas representantes sindicais. “Non quedan máis excusas para que os consellos non se celebren con normalidade”, insistiu. O regulamento plantexa catro anuais.
O concelleiro nacionalista destacou a importancia destes entes de representación parroquial que nun momento foron bloqueados por AER/PP, e noutros polo propio PSOE.
Denunciou que mesmo había consellos parroquiais que aínda non se convocaron. Aproveita o goberno de Digna Rivas para facer anuncios ou tomar iniciativas sen comunicalas ou debatilas nos propios consellos.
“Temémonos que os orzamentos participativos non se van poder executar polos plazos de tempo no que nos movemos”, insistiu Couñago. A execución destes orzamentos tén como límite o ano natural, e nestes momentos aínda non se plantexaron as propostas.
Dende o BNG demandamos ao goberno municipal de Redondela compromisos decididos e impulso aos Consellos Parroquiais Municipais . Deben recuperar protagonismo, que o movemento asociativo sexa protagonista, afianzando un elemento da participación veciñal.