As Traídas de Auga xa non son prioritarias para o goberno de Digna Rivas
Xoán Carlos González, “nada se sabe dunhas axudas fundamentais para a supervivencia destas entidades comunais”
16 set. 2024 - 08:23
Entrado xa o mes de setembro, nada se sabe da convocatoria de subvencións de axudas ás Traídas de Auga do concello de Redondela.
O voceiro do Bloque Nacionalista Galego manifesta que “seguimos defendendo a necesidade de manter e aumentar as subvencións a estas entidades de carácter comunal”. Recorda a importancia e responsabilidade que asumen ducias de Traídas de Auga, “ao levar auga potábel para consumo humán a centos de casas en numerosas parroquias”.
“O goberno municipal debe garantir xa ao inicio do ano das axudas para estas Traídas, publicando as bases trazando unha política de axudas públicas garantista e transparente”, defende o edil nacionalista. Xa en maio deste ano dende a organización nacionalista demandaron a publicación destas axudas económicas.
Recorda que “ trala propaganda electoral da alcaldesa Digna Rivas durante a campaña do ano 2023 que mesmo chegou a declarar de insuficientes os 30.000€ negociados co BNG, en pleno mes de setembro de 2024 nada se sabe destas axudas”.