O BNG considera unha falta de autoestima que en Redondela “o humor xa non sexa en galego”.
O ciclo “humor na súa tinta” trae únicamente humoristas españois.
13 nov. 2023 - 10:22
O ciclo que se desenvolve dende novembro a xaneiro no multiúsos da Xunqueira presentouse cun cartel onde as actuacións son íntegramente en español. Ningunha reseña a humoristas galegos ou galegas. No país da retranca ou da regueifa nun concello cun humor singular non tén cabida na programación municipal de cultura.
A cuestión é máis grave se cabe cando no mesmo fin de semana que se celebra a homenaxe á musicóloga Dorothé Schubart, tráese a Redondela “8 apellidos andaluces”, para entremento veciñal. O ciclo complétase con “Pepa no me des tormento”, “First comedy date”, “En bucle”. O chiste cóntase só.
Dende a organización nacionalista consideran que “se trata dun exemplo da falta de autoestima sobre o que somos; galegos e galegas”. Entenden que debería potenciarse dende a programación cultural municipal tanto aos nosos e nosas humoristas, como a nosa cultura e o noso idioma. Agardan un cambio de rumbo na dinámica cultural municipal.