O BNG de Redondela con Vía Galega, nos actos da bandeira.

IMG-20231118-WA0013

Solicitouse que o concello instalara un mastro coa bandeira na Alameda Rosalía de Castro de Chapela.

O BNG de Redondela con Vía Galega, nos actos da bandeira.
A conmemoración do aniversario da I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala pola asociación Vía Galega, aproveitouse para a exaltación da nosa bandeira. A militancia do BNG de Redondela sumouse a estes actos. Nesta ocasión elexíuse o entorno da Praia de Cesantes e a Illa de San Simón, como espazo de singular valor para exhibir a bandeira da Patria Galega.
“Nestes momentos de novo pulo do españolismo protagonizado polo PP e Vox, que pretenden facer retroceder os nosos dereitos como nación estes actos simbólicos asumen maior relevanza. Cómpre popularizar dende a base, e por en valor elementos tan singulares como a bandeira, e o himno”, destacou o voceiro municipal Xoán Carlos González Campo.
Por outra banda, tamén asinado polo voceiro nacionalista solicitouse ao concello de Redondela que instale un mastro cao bandeira, na Alameda Rosalía de Castro en Chapela. “Imos seguir propondo que o concello instale en espazos estratéxicos do noso concello outros mastros coa nosa bandeira ”, sinalou finalmente
O BNG de Redondela con Vía Galega, nos actos da bandeira.