COMUNICADO DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE O PRESUNTO USO DUNHA FALSA SINATURA NA TRAMITACION DUNHA SUBVENCIÓN PARA A PRAZA DE ABASTOS DE REDONDELA
Ante as distintas manifestacións verquidas nas últimas semanas, tanto na sesión plenaria do mes de outubro como a traverso dos medios de comunicación sobre a presunta falsa utilización da sinatura dun arquitecto alleo ao concello de Redondela, para a tramitación dunha subvención para Praza de Abastos de Redondela dende o grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego de Redondela, manifestamos:
20 nov. 2023 - 09:05
- A tramitación destas subvencións para a reforma integral da Praza de Abastos realizouse en plena campaña das municipais’23. Un claro exemplo de utilización electoralista dos recursos públicos para beneficio de quen o solicita, máis que para interese dos praceiros e praceiras.
- De se confirmaren ditos feitos, atopámonos ante unha gravísima situación de utilización fraudulenta da sinatura dun profesional da arquitectura para tramitar dita subvención. Isto é máis grave ao presuntamente realizarse dende a administración pública local.
- Expresar dende o grupo municipal do BNG a máxima confianza nos funcionarios e funcionarias do concello, que están sempre ao servizo das instrucción do equipo de goberno.
- Dende o BNG queremos manifestar que “cómpre deixar traballar ao funcionario instructor, sen inxerencias ou presións”. O sinalamento dalgún funcionario como responsábel desta fase do proceso non facilita obxectivamente esta tramitación.
- Novamente atopámonos ante denuncias que trascenden o político na que se ve salpicado o nome do concello de Redondela. Outravolta incídese máis na imaxe negativa do noso concello.
- Lamentamos dende o BNG que dous anos despois da primeira solicitude de subvención para reforma integral e eficiencia enerxética da Praza de Abastos de Redondela sigamos como ao principio deste proceso sen ninguna axuda doutras administración.
- O BNG vai seguir traballando para dar un novo pulo á praza de Abastos de Redondela modernizando os postos convertíndoa nun referente do comercio de proximidade con productos de calidade.