O BNG mantén o seu comprimiso coa loita do Pobo Palestino.
Continúa apoiando as concentracións que se desenvolven todos os luns ás 20h. diante do Concello de Redondela.
27 nov. 2023 - 10:16
Coa mente no sufrimento do pobo palestino que está sendo masacrado polo estado sionista de Israel, a militancia do Bloque Nacionalista Galego en Redondela continúa apoiando as concentracións semanais.
Na programación da organización Galiza por Palestina recóllese que Redondela, como ducias de vilas de cidades galegas, saia á rúa en defensa dun pobo indefenso.
Nas concentracións nas que se dan cita unha media dun cento de persoas, existe un ánimo de facer chegar a voz do apoio e solidariedade dos galegos e galegas á terra de Palestina. Tamén faise mención ao xenocidio que o estado sionista de Israel está a cometer, e a necesidade de que a comunidade internacional e o estado español, rachen as súa relacións co estado xudeu.
Van xa catro concentracións nas que o corpo militante nacionalista, cumpre co seu compromiso internacionalista cun pobo asoballado a máis de 4.000 quilómetros de distancia. “O seu sufrimento tamén é o noso sufrimento”.
Sempre con Palestina!