Xoán Carlos González califica de “decepcionante” a asemblea en Chapela de reposición da AP-9

IMG_20231113_095657

Quedan fóra algunhas emendas do propio concello e das plantexadas polo BNG.

 

Xoán Carlos González califica de “decepcionante” a asemblea en Chapela de reposición da AP-9
A Asemblea aberta organizada polo goberno municipal coa participación de técnicos de AUDASA e da empresa concesionaria, supuxo unha confirmación do que xa se sospeitaba dende a organización nacionalista, “conformismo”. 
Non se contemplan algunhas das alegacións presentadas polo propio concello como a prolongación das beirarrúas dende a ponte de Trasmañó ata Río Frío; mellora da vexetación nos diversos taludes a carón da autoestrada; mellora na iluminación nos túneles de Río Frío, ou mellora na accesibilidade en diversas pasarelas peonís.
Pola súa banda o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González valorou como “decepcionante” o acto informativo que se limitou a informar sobre o que se vai executar. “Existen importantes eivas, que non estamos dispostos a permitir porque cómpre compensar a Chapela”. Recordou “o BNG de Redondela foi a única organización que realizou un traballo de campo que cristalizou na presentación de ata 12 alegacións, que tampouco se van contemplar no proxecto de reposición”. 
Un proxecto de reposición que xa anunciara a alcaldesa Digna Rivas no mes de abril en plena campaña electoral, que xa se ían iniciar. Finalmente, ata finais de outubro non se iniciaron, tal como adiantou o voceiro nacionalista.
“Plantexamos que a pasarela de Igrexa non cumple coa lei de accesibilidade, e a resposta dende a mesa non podía ser máis frustrante: que se limitaban a manter o xa existente”. Ao longo do acto déuselle a razón ao BNG, pois no apartado de pantallas acústicas, a propia mesa afirmou que había que adaptala á lexislación vixente.
“Melloras no vial entre o Camiño das Laxes e Camiño de San Antonio en Río Frío, non se vai tocar. Tampouco se tivo en conta que o carril de aceleración de entrada dende Chapela á autoestrada non é seguro”. “Escasa información sobre elementos patrimoniais de lavadoiros e fontes” afirma Xoán Carlos González Campo. “Imos seguir presionando con todos os medios para que estas obras se teñan en conta”, afirma o edil nacionalista na súa nota.
Xoán Carlos González califica de “decepcionante” a asemblea en Chapela de reposición da AP-9