O BNG defende un novo modelo de orzamentos participativos

1000038903
A contratación de taxis para transporte escolar podería ser sufragado cos orzamentos participativos.

Investilos como solución transitoria da problemática do transporte escolar no bacharelato, un exemplo.

 

O BNG defende un novo modelo de orzamentos participativos
Con Javier Bas na alcaldía, os orzamentos participativos presentáronse como un reparto lineal para inversións en cada parroquia sen ter en conta ningún tipo de criterio. Para vestilo de “democráticos”, permitiuse a participación de colectivos parroquiais únicamente en inversións que xa o concello estaba obrigado a prestar. 
O mesmo PP que mantivo varios anos bloqueados estes orzamentos participativos, por negarse a apoiar o regulamento dos consellos parroquiais. Durante tres anos, a partida duns 200.000€ execútase discrecionalmente polo goberno municipal, sen ningún tipo de control veciñal.
Dende o BNG de Redondela sempre consideramos que este non era o noso modelo. A formulación destes orzamentos debe ser debatido e acordado co movemento social, tendo en conta criterios como: necesidades urxentes, eventuais, que dean resposta ás necesidades de colectivos e beneficien ás parroquias.
A proposta de contratación eventualmente dun servizo de taxis pode ser cuberta polos orzamentos participativos, ao cumplir algúns dos criterios enunciados. Mentras non se mude o goberno da Xunta, e se sustitúa por un novo encabezado por Ana Pontón, o transporte escolar para esta poboación non vai existir.
Atopámonos ante unha boa oportunidade para reformular estas inversións e relanzar o tecido asociativo en Redondela. Para acadar este obxectivo, cómpre de vontade política, e o BNG de Redondela tena.
 
O BNG defende un novo modelo de orzamentos participativos