A demagoxia en Redondela do PSOE, coa Memoria Histórica
Nun acto, demandan recuperar a Illa da Memoria, cando esta, desapareceu da programación do concello de Redondela.
06 nov. 2023 - 09:19
Aproveitou Valentín Fernández Formoso a súa presenza en Redondela, para participar nun acto, no Alto da Concheira, no monumento aos e ás represaliadas na Guerra Civil.
Entre as reivindicacións que alí se plantexaron; que a Xunta de Galiza recupere San Simón como Illa da Memoria. Un fito que se conseguira cando o BNG asumíu a conselleria de cultura, convertendo este espazo en referente estatal. Anualmente 20.000 persoas visitaban o antigo campo de concentración de San Simón.
O goberno municipal de Redondela, en mans do PSOE, debería exercer de exemplo, desenvolvendo actividades arredor da Illa. Observamos con preocupación dende o BNG, como neste último ano as actividades de Memoria Histórica dende o concello suprimíronse.
Demandamos que se programe e execute un plan de traballo municipal para que San Simón volva ocupar un papel fundamental na recuperación da Memoria Histórica. Máis nestes tempos cando o Partido Popular escórase á estrema dereita para captar o voto dos negacionistas da represión sufrida durante o golpe de estado do 36, na Guerra Civil, e nos anos da dictadura.