O BNG considera a ordenanza de emerxencia social “necesaria para Redondela”
O grupo municipal explicou nun acto público os aspectos máis positivos do novo texto
13 nov. 2022 - 20:32
O voceiro nacionalista rexeitou as excusas das forzas que votaron en contra do novo texto. “Recibiron en maio o borrador. Tiveron un mes de exposición pública para realizar as súas aportacións, e non presentaron ningunha”, asegurou ao longo do acto. Afirmou que “tanto PP como AER perderon a oportunidade de ser útiles para Redondela”.
A partida de oitenta mil euros consignada, nos anos 2018, 2019, 2020, apenas chegaron a concederse 15.000€. , sinalou o voceiro nacionalista. Incidíu que dende o BNG levan anos reclamando que se modifique a ordenanza de emerxencia social. “Xa nas negociacións dos orzamentos do 2021, prantexámoslle ao PSOE que se trataba dunha condición imprescindible”. Amosouse satisfeito, malia que se tardou un ano en levala ao Pleno.
A ordenanza contempla axudas económica do concello a aquelas familias que están atravesando unha grave crise económica. “Moitas delas integradas por traballadoras e traballadores con nóminas que se van ter que acoller a estas axudas”, lamenta. Aportacións para evitar desafiuzamentos, axudas para aluguer, para bens de primeira necesidade, enerxía, adaptación de vivendas serían algúns dos eidos que se subvencionan.
Afirmou que a ordenanza rexeitada podería facilitar que moitas familias aumenten a contía das axudas, dun xeito máis axil por parte do concello. “Medra o nível de ingresos das familias que se poden acoller a estas aportacións económicas. Tamén aumenta a contía das axudas que poden recibir as familias, “mesmo triplicando o que actualmente reciben”, enfatiza. Valora como positivo que os informes sociais, teñan máis repercusión e que se reduzan os prazos das concesións de urxencia.
Finalmente Xoán Carlos González considera que a aprobación da ordenanza constitúe unha exixencia cos nosos veciños e veciñas. “Debemos implicarnos para que o concello constrúa un escudo social en favor das familias máis desfavorecidas, e as economías máis fráxiles. Trátase dun dereito”.