O BNG demanda nos orzamentos do estado unha estación de cercanías para Chapela.
Presentou alegacións aos orzamentos do estado que suman dez millóns de euros.
13 nov. 2022 - 20:36
Dende que no ano 2012 clausurouse a antiga estación de Renfe de Chapela o que permitíu construcción da Senda Verde, a parroquia xa non contou con máis paradas de tren. O desvío do movemento ferroviario pola liña que vai ata Guixar, “non beneficiou en ningún momento a esta parte do concello de Redondela”, salientan dende a organización nacionalista.
O voceiro nacionalista Xoán Carlos González recordou que Chapela foi duramente castigada ao eliminarse as bonificacións da tarxeta Vitrasa. Dende hai dez anos o tren xa non prestou servizo a esta parte do concello de Redondela. “Necesitamos recuperar unhas conexións cun medio de transporte barato, máis ecolóxico como o tren”, apuntou
Anunciou o edil nacionalista a presentación dunha emenda aos orzamentos do estado para a rehabilitación da estación existente na baixada a Pescanova na liña Vigo-Guixar. “Non se pode consentir que Chapela vexa pasar todo tipo de trens, sen que ningún se deteña facilitando a movilidade tanto hacia Vigo como Pontevedra”.
Nos últimos días o deputado do BNG Néstor Rego acompañado de Xoán Carlos González, coñeceu in situ o emprazamento desta infraestructura, “que debería formar parte dunha verdadeira liña de tren de proximidade que artellara a área máis poboada de Galiza”. Considerou que se trata dunha iniciativa perfectamente realizábel, que se vai defender no Congreso.
Outras emendas que prantexaron dende a organización nacionalista centráronse na Rotonda dos Valos, que levan presentando dende o ano 2010, melloras de seguridade viaria en Cesantes, reforma integral da estrada que une Redondela co aeroporto, a recuperación do Cargadoiro Coto Wagner, conveniada pola Xunta e Concello, unha saída cara a Chapela da AP-9 dende Puxeiros e que se cumpra o compromiso de supresión total da Peaxe de Rande.