Moción do BNG sobre o 25N para aumentar as inversións na loita contra a violencia de xénero

Fortes 25N 2022 - cartaz actos
Jéssica García, “queremos que a Xunta aumente fondos contra a violencia machista, se reforce aos CIM, e que o goberno municipal cumpla acordos anteriores”.
 
Moción do BNG sobre o 25N para aumentar as inversións na loita contra a violencia de xénero
Dentro da campaña de mobilizacións do nacionalismo arredor do 25 de Novembro, Día da Eliminación da Violencia Machista, dende o grupo municipal presentan unha moción na defensa de accións concretas. 
Por unha parte demándase que a Xunta de Galiza chegue ata o un por cen dos seus orzamentos para desenvolver políticas para a erradicación da violencia machista. Igualmente, prantéxase na moción, que os Centro de Información á Muller (CIM), reciban un novo pulo dende a administración autonómica, como verdadeiros vertebradores das políticas en prol da defensa das mulleres. 
A proposta, que será defendida pola concelleira Jéssica García, empraza ao goberno municipal de Redondela a executar acordos plenarios de anos anteriores. Cabe destacar os cursos de formación de prácticas machistas entre traballadores municipais, elaboración dun protocolo de prevención en casos de violencia sexual e finalmente o tan ansiado Plan de Igualdade, xa acordado no 2019.
Outra das medidas que se propoñen dende o BNG, é o apoio do Concello de Redondela a todas as mobilizacións feministas. 
A campaña do BNG de Redondela polo 25N, contempla unha concentración diante do Ginkgo biloba do Salgueiral, o martes 22 ás 17.30h, ademáis de participar na manifestación que vai celebrarse o venres 25 polas rúas de Vigo.
Moción do BNG sobre o 25N para aumentar as inversións na loita contra a violencia de xénero