A Rotonda do Alto dos Valos, repite como proposta aos orzamentos do Estado do BNG de Redondela.
A construcción dunha rotonda que mellore a seguridade viaria nesta encrucillada pola que diariamente circulan miles de vehículos particulares, e camións de grande tonelaxe, segue sendo unha demanda da organización nacionalista.
21 nov. 2022 - 08:34
Os diferentes gobernos do Estado, tanto PP como PSOE, continúan ignorando a necesidade de eliminar este punto negro da circulación por estrada no noso concello. Dende o BNG, seguimos demandando que se realice a obra.
O Partido Popular, co exalcalde Javier Bas e a exministra de Fomento, Ana Pastor, demandan agora esta obra. Cando tiñan a competencia e os cartos “pasaron”, de cumprir cos e coas redondelás. Unha nova mostra do cinismo deste partido.
Dende o BNG, alertamos que o interese do Ministerio limítase a facer caixa co radar situado nos Valos, un dos máis beneficiosos de toda a provincia de Pontevedra
Para o BNG segue sendo prioridade que se constrúa a Rotonda que permita o acceso tanto a Pazos de Borbén como a Vilar de Infesta. O tráfico que continúa pola N-550 hacia O Porriño ou Pontevedra, tamén verase beneficiado.