O BNG considera que o goberno do PSOE contraprogramou o 25N
“A programación centrouse en encher de actos toda a semana, sen criterio nin a suficiente publicidade”, sinalou a concelleira Jéssica García
28 nov. 2022 - 09:35
No Pleno do mes de novembro, a concelleira do BNG defendeu a moción na que se instaba á Xunta de Galiza a aumentar os orzamentos das políticas de erradicación da violencia de xénero, e que o concello de Redondela cumprira os seus compromisos.
Ao longo da súa intervención a nacionalista insistíu na necesidade de traballar para que a violencia de xénero se erradicase dos nosos concellos.
“Aumento das denuncias por violencia machista, afóndase nas desiguladade de xénero. Cómpre unha maior inversión das administracións para que os Centro de Información ás Mulleres, exerzan de eixo vertebrador na loita contra a violencia"
Rexeitou Jéssica García, as acusacións do PP e de AER, de que o BNG repartía carnés de feminismo. Considerou que o goberno do PSOE, elaborou unha campaña polo 25N, para cubrir o expediente e mesmo contraprogramar os actos feministas da nosa bisbarra.
Unha obra de teatro de grande calidade que non contou coa debida publicidade. Unha charla con alumnado dos institutos, unicamente para alumnado de terceiro da ESO, no que a propia alcaldesa excusou que ía a ser en castelán. Finalmente o propio 25N o goberno do PSOE entrega un galardón, á mesma hora na que tén inicio a manifestación do movemento feminista en Vigo.
“Todo isto lévanos a pensar que o goberno de Digna Rivas, tómase o 25N como un requisito a cumplir anualmente.
"Dende o BNG, non imos baixar os brazos, e imos manter a tensión na erradicación da violencia sobre as mulleres”, rematou.