Privatizacións en Redondela; o servizo de socorristas costoulle 35.000€ máis ao concello

IMG-20221128-WA0000
Por vez primeira o servizo de socorrismo nos areais de Redondela, contratouse a través dunha empresa. 
Privatizacións en Redondela; o servizo de socorristas costoulle 35.000€ máis ao concello
Tradicionalmente, era o concello quen directamente realizaba todo o proceso de selección, seguemento do servizo e xestión da atención aos e ás bañistas. Ata oito socorristas, tres patróns ou patroas de embarcacións, e unha persoa coordinadora.
Segundo as contas doutros anos, arredor de setenta mil euros eran necesarios para afrontar a contratación durante tres meses deste persoal eventual. 
Ao contrario doutros concellos, nos que se mantivo esta fórmula, e amparándose na nova lei laboral, o goberno do PSOE decidíu privatizar este servizo.
“Segundo as bases aprobadas polo goberno municipal, e tal como se recolle na acta final, a contratación coa empresa privada superou os 35.000€, respecto á contratación directa. Pagáronselle 107.000€, cando en anos anteriores apenas se superaron os 70.000€”, afirma o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González. “Desmóntase o discurso tan defendido polo goberno municipal de Redondela, de que a xestión privada abarata os custes”, sinalou.
Tamén destacou o voceiro do BNG, que ademáis de aumentar os custes para o concello, a empresa aporta 0 euros en material. “Cederonselle dúas lanchas, cadeiras anfibias, casetas para os e as socorristas tanto en Chapela, como Redondela, e outro material diverso”. “Demostrou o goberno municipal a súa incapacidade para xestionar un servizo que ata agora asumía durante o verán, supoñéndolle un sobrecusto ás arcas municipais”, sinalou o voceiro do BNG.
Privatizacións en Redondela; o servizo de socorristas costoulle 35.000€ máis ao concello