O BNG levará ao Parlamento Europeo, as obras de AUCOSA
“A venda a Wofco, tén moitos clarosuros que se deben desvelar ”, apunta o voceiro nacionalista Xoán Carlos González.
05 dec. 2022 - 08:00
O anuncio da adquisición de AUCOSA, pola empresa Wofco foi valorado negativamente dende a organización nacionalista, por canto supón a continuidade dunha actividade nociva na beiramar do concello de Redondela.
A Auxiliar Conserveira declarouse en concurso de acredores co que abríase a posibilidade dun peche definitivo da actividade. “Despois de invertir nove millóns de euros de fondos europeos na modernización da factoría de Cabanas chegábase a unha quebra técnica da actividade”, salienta o edil nacionalista.
“Existen numerosas dúbidas entorno a esta concesión, como a de se non se plantexou un estudio de viabilidade para outorgar as axudas, se houbo unha supervisión por parte das autoridades europeas sobre as inversións realizadas?”, plantexa Xoán Carlos González.
Outro dos motivos que levaron á organización nacionalista a tomar esta medida reside no incumprimento do proxecto inicial, ao instalar unha planta de gas licuado, que non se plantexaba no Proxecto inicial. “Sospeitamos que toda a operación tivo un marcado interese especulativo, para promociar a factoría ante unha posíbel venda”, valora Xoán Carlos González.
Despois da sentenza do TSXG favorable a AUCOSA xorden máis dúbidas ao edil do BNG. “Vaise manter a elaboración de fariñas a partires de restos de peixe polo que vanse manter as molestias á veciñanza e os verquidos á Ría. Queremos chegar ao fondo do asunto de aí a proposta de levala ao Parlamento Europeo”, remata na súa nota o edil nacionalista