O Pleno de Redondela aproba a moción do BNG sobre a Atención Primaria, malia os votos en contra do PP.

IMG_20221107_095702
Xoán Carlos na súa intervención no pasado pleno.
Xoán Carlos González, insistíulle aos populares que “votaban en contra da calidade sanitaria dos seus e súas propias votantes”.
 
O Pleno de Redondela aproba a moción do BNG sobre a Atención Primaria, malia os votos en contra do PP.
O Pleno do Concello de Redondela aprobou a proposta nacionalista que recollía unha recuperación dos orzamentos da Xunta da partida á Atención Primaria sanitaria. 
Vivíronse momentos de tensión ao tildar dende o Partido Popular de “panfleto” a Iniciativa Lexislativa Popular base do texto da moción que reclama melloras neste chanzo da atención sanitaria. Mofáronse da exitosa manifestación celebrada en setembro, cun amplo respaldo popular. Chegouse a afirmar dende o PP, que se trataba dunha moción electoralista.
Argumentou o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, que os e as populares dábanlle as costas aos seus e as súas propias votantes, “sufridores tamén da situación de deterioro no que se atopa a sanidade galega”. Botoulles en cara que se mofaran da manifestación, rexeitado as acusacións da motivación electoralista da moción “ao tratarse xa da terceira moción da mesma temática debatida dende o ano 2019”.
A moción poñia o acento no papel que os concellos teñen na recuperación da Atención Primaria, demandando nos Plenos que a Xunta de Rueda aumente as inversións na sanidade pública galega. Tal como recollía o texto da moción Xoán Carlos González reclamou “unha atención primaria preventiva, na que se traballe coordinadamente e na que ademáis de mellorar a ratio dos médicos de familia, e pediatras, cómpre ter en conta a saúde mental”. 
O Pleno de Redondela aproba a moción do BNG sobre a Atención Primaria, malia os votos en contra do PP.