O BNG impulsa unha nova ordenanza de emerxencia social

Xoán Carlos
Xoán Carlos González. Portavoz municipal.
“A proposta non saíu adiante polo bloqueo sistemático do PP, e a actitude caprichosa de AER”, afirma Xoán Carlos González
 
O BNG impulsa unha nova ordenanza de emerxencia social
A proposta de que o concello de Redondela contara cunha nova ordenanza de emerxencia social, foi rexeitada cos votos maioritarios do Partido Popular e da Agrupación de Electores. “Estas dúas forzas políticas déronlle as costas aos nosos veciños e veciñas, ante unha proposta que pretende mitigar, só en parte as necesidades de moitas familias”, sinala o voceiro nacionalista.
No ano 2016, a actual vixente aprobouse cos votos de PP, PSOE e AER. Cumpríuse o vaticinado polo Bloque Nacionalista Galego de que, tratábase dun recurso ineficaz e pouco operativo. “Dende hai anos exiximos unha nova ordenanza, e unicamente as nosas presións forzaron ao PSOE a iniciar os traballos”, insiste o edil nacionalista.
O PSOE decidíu levar a ordenanza a debate plenario sen garantir o suficiente número de apoios para que se aprobara. Pola súa banda tanto o PP como AER volveron a darlle as costas aos e ás redondelás empregando excusas para non apoiar a proposta. “O seu único interese residíu un bloquear unha ordenanza que vai chegar a máis familias, con maior dotación económica, e maior operatividade”, insistíu o voceiro municipal do BNG.
“Redondela non pode depender de decisións caprichosas que non teñan en conta as necesidades reais dos nosos veciños e veciñas. Necesita un goberno forte, cunha maioría cualificada que poida sacar adiante iniciativas constructivas, de progreso e ilusionantes”, remata na súa nota Xoán Carlos González
O BNG impulsa unha nova ordenanza de emerxencia social