O BNG afirma que Caballero mentíu ante a Mancomunidade, “negando que pedira un segundo encoro en Fornelos”.

2022090622335017882
Foto: Atlantico.net
Xoán Carlos González, voceiro nacionalista en Redondela, demandou que se renunciara ao trasvase do río Oitavén e dun segundo encoro en Fornelos
O BNG afirma que Caballero mentíu ante a Mancomunidade, “negando que pedira un segundo encoro en Fornelos”.
A Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, celebrou a súa asemblea xeral ordinaria nas pasadas semanas. A dito ente pertencen os concellos de Soutomaior, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Salceda de Caselas, Mos, Gondomar, Redondela e Vigo. 
A participación dos concelleiros e concelleiras establécese en función das eleccións municipais e da poboación de cada concello. “No caso de Redondela, a alcaldía xunto e un concelleiro ou concelleira de cada un dos grupos”, aclara.
Durante a celebración da Asemblea, no apartado de rogos e preguntas, o voceiro nacionalista pedíu a palabra para exixirlle ao presidente da Mancomunidade, e alcalde do concello de Vigo, Abel Caballero que renunciase ás súas pretensións do trasvase do río Oitavén en Ponte Caldelas, e á construcción dun segundo encoro en Eiras. Enfatizou na súa intervención que existe unha importante resposta social, e medioambiental contra as pretensións de Abel Caballero, de executar este trasvase, “de xeito caprichoso”..Sorprendeu a resposta do alcalde de Vigo, quen negou que prantexara a posibilidade dun segundo encoro en Eiras. “Mentíu alegremente porque síntese seguro no seu altar, sen que ninguén lle replique”, afirma o edil do BNG.
Sinala directamente á actitude tanto do PP como do PSOE, que non fan nada en función do interese dos seus veciños e veciñas. Considera vergoñento que os representantes populares de Redondela, Mos, Soutomaior fagan seguidismo das directrices da dirección provincial “non asistindo sistemáticamente ás asembleas da Mancomunidade, renunciando ás súas responsabilidades” Non é moito máis digno o seguidismo do PSOE, que non prantexa ningún tipo de cuestión ou dúbida ao alcalde de Vigo.
“De levarse a cabo esta infraestructura, afectaría ao equilibrio medioambiental da Enseada San Simón, espazo Rede Natura”, apunta Xoán Carlos González. “As aportacións de auga doce e nutrientes dos ríos Oitavén e Verdugo, veríanse seriamente comprometidas”. Asegura que o medre do BNG nas vindeiras eleccións municipais, vai ser a garantía de que ninguén se vai saltar ningún órgano de representatividade veciñal”, remata na súa nota.
 
O BNG afirma que Caballero mentíu ante a Mancomunidade, “negando que pedira un segundo encoro en Fornelos”.