Para o BNG, o PP pon na diana aos empregados e empregadas municipais.
Xoán Carlos González asegura que “rexeitaron apoiar o pago das horas extra, criticando a redución da xornada laboral
17 out. 2022 - 08:44
Durante a sesión plenaria de setembro, o goberno do PSOE levou a pleno a aprobación dos gastos correspondentes ás horas extras dos meses de xullo e agosto. “Trátase dunha obriga regulada por lei que tras o esgotamento da partida recollida nos orzamentos se aprobe en sesión plenaria o recoñecemento destas gratificacións”, sinalou o voceiro nacionalista. “Estos pagos, tamén teñen un límite anual, que xa coas recoñidas só do mes de xullo, chegaron ao tope”, ampliou.
A proposta saíu adiante, malia que o Partido Popular, negouse a apoiala. “Asistimos con preocupación ao discurso da dereita de poñer na diana aos empregados e empregadas municipais”, enfatizou o edil. Segundo considera os populares centráronse en criticar o acordo de redución horaria tomado no pasado ano entre o goberno municipal e os diferentes sindicatos, que tamén contou co apoio do BNG.
Para o voceiro nacionalista trátase dunha estratexia urdida dende o PP, cun único interese electoralista. “Pretenden desprestixiar a profesionalidade dos e das traballodras municipais, o que os leva a non recoñer o dereito de cobrar as horas extra”, sinala. Recorda igualmente como xa no seu momento “o Partido Popular, co apoio de AER negouse a aprobar a percepción do complemento de productividade. “A aprobación dos orzamentos, permitíu correxir este bloqueo e que os e as empregadas municipais, poidan cobrar por determinados servizos como a nocturnidade”, apuntou.
Finalmente o voceiro nacionalista compromete os apoios da súa organización á defensa dos dereitos laborais e económicos dos traballadores e traballadoras do concello de Redondela.