O BNG considera que o PP castiga ao sector do mar co Peirao de Cesantes.

IMG_20221010_091513
Peirao de Cesantes
“Os e as profesionais cuestionaron un proxecto que non tiña en conta as súas necesidades. No Pleno de agosto o voceiro do PP confirmou que a Xunta renunciaba ao novo peirao”, afirma Xoán Carlos González
 
O BNG considera que o PP castiga ao sector do mar co Peirao de Cesantes.
No ano 2019 Portos de Galiza levou a cabo un acto, no que, o daquela vocerio municipal do PP, Javier Bas, presentou ante os traballadores e traballadoras do mar a prolongación e pivotaxe do Peirao de Cesantes. “Tratouse dun encontro meramente propagandístico para preparar a campaña electoral ao Congreso do exalcalde de Redondela”, considera o voceiro do Bloque Nacionalista Galego
Plantexábase o derrubo dos últimos douscentos metros, para prolongalos outros seiscentos medinate un pantalán móbil. Pretendíase buscar calado unicamente para os barcos que realizan travesías ata San Simón. 
En ningún momento se tiveron en conta as demandas da Confraría de pilotar todo o Peirao, en beneficio dos bancos marisqueiros. Ante as dúbidas alí plantexadas polos e polas profesionais, os representantes de Portos de Galiza chegaron a ameazar con retirar o proxecto.
“Esta proposta unicamente respostaría ás demandas e intereses das navieiras. En ningún momento se tivo en conta a dificíl situación dos bancos marisqueiros, e o futuro da actividade de mariñeiros e mariscadores e mariscadoras”, apunta.
Considera igualmente Xoán Carlos González que dende o punto de vista medioambiental “estase xogando co futuro da Praia de Cesantes, ao manter un peirao que exerce como barreira para a reposición da area arrastrada polas correntes”.
No pleno municipal do mes de setembro do 2022 o actual voceiro do PP Iván Crespo, referíase a que a Xunta renunciaba á construcción dun novo Peirao en Cesantes. Pasouse das ameazas aos feitos.
Recorda Xoán Carlos González, que dende o BNG xa teñen presentado diversas iniciativas no Parlamento Galego, para que se reconstrúa completamente o Peirao de Cesantes. Asemade salienta que “todos os anos presentamos aos orzamentos da Xunta unha partida dun millón de euros para esta obra. Todos os anos, sistematicamente o PP vota en contra. Mais imos volver presentar esta iniciativa para o ano 2023. Non imos deternos ata conseguir o obxectivo de Pivotaxe do Peirao de Cesantes”, remata na súa nota.
O BNG considera que o PP castiga ao sector do mar co Peirao de Cesantes.