As pistas de tenis e pádel de Redondela, seguirán sendo públicas polas negociacións do BNG

IMG_20221010_084857
Jéssica García intervindo no último pleno municipal
Plantexouse como unha condición inamovible que non pasaran a xestión privada para asegurar a aprobación dos orzamentos.
 
As pistas de tenis e pádel de Redondela, seguirán sendo públicas polas negociacións do BNG
A intención do PSOE consistía en convocar un concurso público para a xestión pola mesma empresa das piscinas municipais de Chapela e Redondela, e das pistas de tenis e pádel. O estudo custoulle ao concello perto de 14.000€. 
Durante o debate plenario da ordeanza fiscal das taxas para o uso das pistas de pádel, a concelleira do BNG Jéssica García, puxo en valor o traballo da organización nacionalista durante a negociación dos orzamentos municipais, que frearon as pretensións do goberno redondelá. “Conseguimos que as pistas sigan sendo de titularidade e xestión pública”, enfatizou.
Nesta sesión plenaria aprobouse unha taxa de 8€ por sesión de 90 minutos das pistas de pádel. Jéssica García, cuestinou a política económica do goberno de Redondela por manter estos anos a gratuidade das pistas. “Os propios usuarios e usuarias, consideraban hai tempo que había que por punto e final a esta situación”. 
O Partido Popular volveu dar mostras da sua incoherencia e oportunismo político, ao votar en contra dunha taxa, que eran as mesmas que aprobaron no ano 2017.
Segundo as contas dos técnicos municipais, o concello pode recadar uns 100.000€ anuais polo uso das mesmas. “Un dobre éxito para Redondela, pois grazas á xestión do BNG o concello vai poder ingresar, cuns mínimos custes. O que podería converterse nunha inversión moi lucrativa para unha empresa, agora será xestionada polo concello”, destacou a concelleira nacionalista.
As pistas de tenis e pádel de Redondela, seguirán sendo públicas polas negociacións do BNG