O BNG plantexa a súa proposta para a parcela municipal en Cesantes
Un terreo que podería converterse en zona verde para poder acceder ao Paseo Marítimo.
03 out. 2022 - 08:43
Na sesión plenaria de setembro, o Partido Socialista plantexaba unha modificación das normas urbanísticas da parcela de titularidade municipal, moi próxima á igrexa de Cesantes. O voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González puxo enriba da mesa o Proxecto que xa se manexaba para este espazo, malia os intentos do goberno municipal por cosideralo unha proposta sen moita base.
Pola súa banda o Partido Popular, aproveitando a presenza dun grupo de veciños e veciñas que demandaban información sobre as intencións do goberno enlamou o debate, sen plantexar ningunha proposta.
“Entendemos que se trata dunha parcela que goza dunha ubicación privilexiada, como mirador sobre a Enseada, moi perto do futuro Paseo Marítimo de Cesantes”, expuxo o voceiro nacionalista. Dende o BNG, deféndese que esta parcela sexa un punto de partida para poder acceder “ao futuro Paseo, polo que imos seguir traballando”, afirmou.
Insistíu ao longo do debate Xoan Carlos González, en dar resposta ás demandas plantexadas pola veciñanza, “de dotación de espazos de lecer, medioambientalmente integrábeis, respectuosos co entorno, como no caso desta parcela e a Enseada de San Simón”.
Finalmente o PSOE, retirou a proposta para renegociar con coleitivos e demáis forzas políticas.