O BNG, demanda 50.000€ dos orzamentos municipais para as traídas de auga.
Segundo o voceiro municipal, Xoán Carlos González, “o Concello debe recuparar o apoio económico a estas entidades que levan auga para consumo humano a varios miles de veciños e veciñas de Redondela”. Recorda que os gobernos municipais do PP, despoxáronos destas axudas.
18 feb. 2020 - 09:08
No Acordo de Investidura asinado entre o BNG e o PSOE, que levou a Digna Rivas á alcaldía de Redondela, recollía que os orzamentos se empezarían a traballar antes do remante do ano 2019. “Pretendemos que se cumpla ese acordo, e como non contamos con ningún borrador, sentímonos lexitimados para prantexar as nosas propostas”, sinala o edil nacionalista.
Prantexan a “recuperación das axudas ás Comunidades de Auga, a traverso dun proceso de subvencións con criterios obxectivos e públicos”. Brindan o seu apoio ao goberno municipal para elaborar unhas bases o suficientemente sinxelas, e áxiles para que estas entidades veciñais poidan manter a súa actividade. Obras de ampliación e renovación das redes de abastecemento, control da calidade e salubridade das augas, novas captacións serían os obxectivos primordiais das axudas que propón o BNG.
“As Xuntas Directivas das Traidas e as Asembleas de Comuneiros e Comuneiras, desempeñan un importante labor social, e unha enorme responsabilidade. Consideramos de xustiza que conten co apoio económico municipal”, defende o edil nacionalista.
Recorda que nos orzamentos dos diferentes gobernos do PP en Redondela, ben por abstencións do PSOE ou de AER, nunca contemplaron axudas para estas Comunidades de Auga, que desenvolven un papel fundamental nas parroquias redondelás. Calcula que existen unhas 30 Comunidades de Auga en todo o concello de Redondela, que van dende os quince ou vinte comuneiros e comuneiras, ata aquelas que contant con varios centos. “Débese ter en conta toda unha xeira de circunstancias para facilitarlles estas axudas económicas, mais a máis importante reside en que levan case dez anos, sen que o Concello lles preste atención”, sinala
“É tempo xa de poñerse a traballar de verdade pola veciñanza de Redondela, introducindo cambios radicais na deriva municipal a que nos sumiron os gobernos do PP. Consideramos de urxente necesidade que se doten os orzamentos do 2020 cunha partida de 50.000€, co compromiso de incremento nun 50% anual, nos vindeiros anos”, propón o voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González.