O BNG demanda maior información sobre os anegamentos en Vilavella.
O concelleiro nacionalista, Xoán Carlos González, presentou diversas preguntas ao goberno municipal sobre a situación vivida a pasada semana. Consideramos que hai diversas administracións, nomeadamente o goberno municipal, que deben facilitarnos maior información, e por iso lla solicitamos.
Para o BNG, existen responsabilidades compartidas, ademáis de que se actuou con improvisación e certa descoordenación. Durante estas semanas, estudiarán a posibilidade de presentar varias iniciativas.
A deputada nacionalista, Carme Adán, visitou as zoas asolagadas de Vilavella, e as afectadas polos derrubos en Negros. En coordenación co grupo municipal, presentará nos vindeiros días diversas iniciativas parlamentares.
Non imos parar ata manexar toda a información necesaria, sinalan dende a organización nacionalista.