O BNG demanda maior presenza do goberno municipal nas mobilizacións contra a Casa de Apostas.

71307613_2275989605856954_2253556197611274240_n
Imaxe da concentración do pasado luns.

Consideran a xuntanza coas ANPAs de “extemporánea”, e pedindo prudencia en notas de prensa que pode mesmo ser “desmobilizadoras” ante unha grave situación que se está a vivir.

O BNG demanda maior presenza do goberno municipal nas mobilizacións contra a Casa de Apostas.

A concentración organizada pola Coordinadora contra a apertura da Casa de Apostas, ás portas do local onde se pretende ubicar e a escasos metros da zona escolar da Marisma, foi valorada positivamente dende o Bloque Nacionalista Galego. “Consideran que a presión veciñal, vai ter un papel decisivo para frear as pretensións da empresa”.

Responsabilizan directamente ao goberno de Feijóo, de crear unha lexislación “á carta” para que estas empresas e as súas nocivas repercusións, campen ás súas anchas por toda Galiza, e agora pretendan establecerse en Redondela”. De feito, recordan que a Dirección Xeral de Emerxencias xa emitiu unha resolución no mes de abril autorizando a actividade. Anuncian que van a levar a problemática ao Parlamento Galego.

Demandan dende a organización nacionalista maior presenza tanto de membros de AER, como do PSOE, nas diversas iniciativas de carácter veciñal. “Suponse que quen se outorgou a única representatividade do pobo de Redondela, debera ter maior protagonismo salvo que se queiran manter á marxe do problema. Por outra banda se a alcaldesa recoñece que ten as mans atadas, debería ser o seu equipo de goberno quen maior presenza tivera nas mobilizacións”.

O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González recorda como o goberno de Javier Bas, xa era coñecedor da solicitude da empresa dende abril, “ e no canto de mobilizar á veciñanza deulle os parabéns a esta Casa de Apostas. Mesmo pretendía fomentar a clientela do local, facilitando a apertura, a escasos metros, do seu anunciado barrio da cultura na Marisma”, afirma. Cualifica de cínica a actitude do anterior goberno, que “se autopromocionaba coa adhesión de Redondela como Cidade Amiga da Infancia, permitindo que se desenvolvera a actividade a escasos metros dunha zoa onde se ubican ata sete centros escolares e unha zona deportiva”.

O propio edil do BNG, demanda prudencia nas declaracións e convocatorias de xuntanzas coas diversas ANPAs do goberno municipal, “non están axudando a que se manteña a presión veciñal, mesmo poden ser desmobilizadoras”. Considera que se ben o concello pode ter a súa capacidade limitada, existen liñas de traballo para evitar a apertura da Casa de Apostas, “como unha interpretación do que se considera como  accesos a menos de 150 metros, e a necesidade de exposición pública do proxecto”.

 

O BNG demanda maior presenza do goberno municipal nas mobilizacións contra a Casa de Apostas.