O BNG demanda reinversións da Deputación na estrada do Viso
“A alcaldesa Digna Rivas, ten que negociar para que os 180.000 euros do aforro da estrada do Galleiro se destinen a melloras na mobilidade nesta estrada provincial”, prantexa o voceiro municipal Xoán Carlos González.
A proposta prantexouna durante o debate plenario no que se modificou o convenio asinado entre o Concello de Redondela e a Deputación Provincial, das obras da estrada do Galleiro, en Vilar de Infesta. A construción dunha senda peonil, contou co respaldo económico do Instituto para a Diversificación da Enerxía e Aforro Enerxético (IDAE), a traveso dos Fondos Europeos. “Valorouse que se conxugue a mobilidade segura da veciñanza, co tráfico de vehículos e unha redución de emisións contaminantes”, confirma o edil nacionalista. A achega final de douscentos cincuenta e sete mil euros supón o sesenta e catro por cen do orzamento total da obra, na que ademais da senda para peóns e peoas, ciclistas,.
O voceiro nacionalista, afirma que grazas ao acordo plenario, a Deputación vaise aforrar cento oitenta mil euros nesta obra, “o que supón unha oportunidade para que se negocie a reinversión en melloras na seguridade viaria das estradas provinciais”. Emprazou á alcaldesa Digna Rivas, a presionar aos responsábeis da Deputación para que se elaborara un novo Proxecto de Mobilidade na Estrada do Viso, similar ao da estrada do Galleiro”.
Considera Xoán Carlos González, que a anterior reforma da estrada non cumpriu as expectativas da veciñanza nin os estándares mínimos de seguridade viaria. “Agora débese realizar todos os esforzos para que estes fondos se destinen a unha remodelación, na que prime a Seguridade e Mobilidade”. Apunta que pola estrada do Viso, PO-2901circulan a diario, segundo datos da propia Deputación, 1.700 vehículos.
Salienta que esta estrada provincial exerce de verdadeira “espiña dorsal” do Viso, onde conflúen numerosos cruzamentos de viais, vivendas, elementos patrimoniais como o Camiño Portugués ou o Cruceiro e Palco do Alto do Viso ou balados de construción tradicional, o colexio público de Outeiro das Penas, o Centro Cultural do Viso, ademais da Igrexa e Cemiterio, xunto aos accesos á Peneda.
“Tócalle agora a Digna Rivas defender os intereses da veciñanza, xestionando cos responsábeis da Deputación co fin de realizar e executar un verdadeiro Proxecto de Seguridade e Mobilidade Viaria no Viso onde se prime a circulación peonil, reducindo as emisións contaminantes”, remata na súa nota Xoán Carlos González.