O BNG lamenta que non se debatera a Moción da Posta en Valor da Obra Pictórica de Ángel Barros

5344_la-pintura-de-angel-barros-se-expone-en-redondela
Foto:Xornal21
A solicitude de comparecenza da alcaldesa, Digna Rivas, impedíu que se abordara unha moción impulsada por diversos colectivos redondeláns
O BNG lamenta que non se debatera a Moción da Posta en Valor da Obra Pictórica de Ángel Barros
Por acordo de todos os grupos políticos, estaba prevista que a primeira das mocións a debater no Pleno ordinario de setembro, fora á referente á Posta en Valor da Obra Pictórica de Ángel Barros. Colectivos como Alén Nós, o SEREN, Obradoiro de Estudios Locais “Fernando Monroy”, Artelixo, Lenda, Xente Titiriteira, Colectivo Republicano, Asociación Cultural e Deportiva de Rande, SOAR respaldaron esta Moción, que pretendía que a obra de Ángel Barros, gozase de apoio institucional.
A solicitude de comparecenza da alcaldesa de Redondela, prantexada dende AER, extendeuse ata hora e media. Aproveitou Digna Rivas, para expor un por un os motivos, de maior ou menor relevanza, que a levaron a quitarlle as competenzas da limpeza de praias, a Roberto Villar. Se alguén tiña algunha dúbida, houbo máis que tempo para explicacións e reproches, como complemento a todas as notas de prensa que se publicaron sobre este feito.
A Moción, que finalmente non puido ser debatida, pretende implicar á administración local para poñer en valor, e protexer a obra de Ángel Barros.
 
O BNG lamenta que non se debatera a Moción da Posta en Valor da Obra Pictórica de Ángel Barros