Confirmados os temores do BNG, da redución das axudas de material escolar.

Jessica
Jéssica García, concelleira do BNG
“En pleno crise económica, diminúe a partida, aumentan as solicitudes e nenos e nenas excluídas, aforrando o concello ata 1.500€”, afirma a concelleira Jéssica García.
Confirmados os temores do BNG, da redución das axudas de material escolar.
Dende a organización nacionalista saen ao paso do resultado final na concesión de axudas para a adquisición de material escolar, ao alumnado de Educación Intantil de 3 a 5 anos, das escolas públicas de Redondela. Xa na convocatoria inicial, dende o grupo municipal cuestionaron “que o goberno de Digna Rivas, non modificara as condicións económicas, nin as bases herdadas do PP”.
A concelleira nacionalista considera que en ningún momento houbo vontade de crear unhas bases máis xustas e acordes á grave crise que están a padecer moitas familias redondelás. “Todo o contrario sorprendetemente reducíuse a partida económica dos 10.500€ da anterior convocatoria a 8.500€ da actual, toda unha declaración de intencións do goberno socialista”, afirma
Recibíronse ata cento sesenta e cinco solicitudes de axudas para adquisición de material escolar para os nenos e nenas de Educación Intantil; cumprindo somentes os criterios exixidos, un cento das mesmas. Das excluídas, ata trinta e cinco quedaron fóra por que superaban os ingresos familiares. “Xa consideramos no seu momento que esta franxa económica estaba fóra da realidade”, engade a edil do BNG.
Cuestiona a política social do goberno do Partido Socialista, neste eido, pois era máis que evidente que a grave situación económica que a veciñanza arrastra dende o ano 2020, iba supor un aumento na demanda. “Demostrouse que están lonxe da realidade social de moitas familias”, declara.
Considera decepcionante o resultado final, no que un terzo das solicitudes presentadas quedaron excluídas, o que lle permite ao goberno municipal de Redondela aforrar mil cincocentos euros dunha partida de oito mil cincocentos. “Dende o Bloque Nacionalista Galego, exiximos ao goberno de Digna Rivas, unha modificación das bases de convocatoria de axudas para material escolar, con criterios máis acordes á realidade social, ademáis de aumentar as partidas asignadas”, remata na súa nota a concelleira Jéssica García.
 
Confirmados os temores do BNG, da redución das axudas de material escolar.