O PSOE apoia a moción do PP sobre a Peaxe de Rande, por “oportunismo político

IMG_20210601_075054
Xoán Carlos González nunha intervención do Pleno de Redondela
“A proposta da convocatoria de Comisión de Seguemento da Ampliación, xa fora prantexada dende o BNG hai varios meses, sen ningunha resposta do goberno de Digna Rivas”, afirma o voceiro municipal Xoán Carlos González
O PSOE apoia a moción do PP sobre a Peaxe de Rande, por “oportunismo político
As obras de Ampliación da Autoestrada en Trasmañó e Chapela, xunto á eliminación da Peaxe de Rande, foron utilizadas polo Partido Popular, como polo Partido Socialista, “únicamente por intereses propios”, no Pleno que se celebrou o nove de setembro. O único obxectivo de ambos grupos, consistíu nun lavado de cara ante a situación calamitosa na que se atopa a Supresión da Peaxe, e a falla de noticias sobre as Obras de Reposición.
O voceiro nacionalista, argumentou na súa intervención sobre “a falla de respeto do PP, por presentar unha moción nos termos en que a fixo”. O argumentario, baleiro de contido, de datos, carente dunha análise rigurosa sobre a realidade á que se refire, e a gravidade do problema. “Ao PP somentes lle interesou sacar tallada política deste tema de tanta importancia para Tramañó, Chapela e o resto de Redondela e bisbarra”.
Pola súa banda o Partido Socialista, xogou a baza do “oportunismo político”, para non recibir críticas. Despois de que responsábeis do Ministerio afirmaran que o levantamento das barreiras, suporía “o colapso” dos accesos á cidade de Vigo, ao grupo liderado de Digna Rivas, non se lle ocurríu nada mellor que apoiar ao PP, sen ningunha convicción.
“Se a Peaxe se suprime, ademáis de pola presión e movilizacións das A.VV. De Chapela, Trasmañó e Teis, foi pola negociación directa do BNG co PSOE, para investir a Sánchez como presidente”, valorou Xoán Carlos González. Tamén afirmou, que “xa demostraron os socialistas, que non nos podemos fiar deles”.
O voceiro nacionalista considera que o PP, marcoulle o paso ao PSOE neste moción, pois ademáis de non facerlles ningunha emenda, aceptaron cos ollos pechados un acordo que xa se demandara dende o BNG, ao inicio do verán sobra a Comisión de Seguemento da Ampliación, e do que non houbo ningún tipo de resposta. “Unha nova mostra de que o oportunismo político, campa nas decións plenarias”, remata na súa nota.
Dende o BNG, rexeitan esta estratexia das dúas forzas políticas responsábeis de que a concesión a Audasa caduque no ano 2048, pretendendo enganar aos e ás redondeláns.
 
O PSOE apoia a moción do PP sobre a Peaxe de Rande, por “oportunismo político