O BNG desvela que o concello pagou a Urbaser por servizos xa incluídos na concesión.

IMG-20230309-WA0006
Xoán Carlos González Campo “crearemos a concellaría de servicios privatizados para un mellor control de empresas financiadas con fondos municipais”.
 
O BNG desvela que o concello pagou a Urbaser por servizos xa incluídos na concesión.
Dende a organización nacionalista denuncian que o concello está a pagar á concesionaria da recollida do lixo, Urbaser, por servizos que xa cobra segundo o establecido no contrato. Consideran que se está a gastar con cargo a fondos municipais por traballos que a empresa debería estar prestando segundo o recollido no Prego de Prescricións no seu día asinado. “Estamos ante un novo exemplo do descontrol das concesionarias de servizos privatizados”
Segundo o voceiro nacionalista, Xoán Carlos González Campo, durante o derradeiro trimestre de 2022 o concello pagou varias facturas por un importe total de 30.000 euros. Abonáronse facturas para o transporte de enseres, electrodomésticos e similares cando no contrato prantéxase como unha obriga de Urbaser.
“O goberno de Digna Rivas, lonxe de actuar con firmeza ante os incumprimentos da empresa negocia unha refinanciación con cargo ás arcas municipais”, sinala o edil nacionalista. “Facturar a conta do concello de Redondela por traballos que a empresa xa está obrigada a realizar, constitúe unha nova cesión”. Afirma que os gobernos AER-PSOE, e agora PSOE puxeron ao concello nunha situación de debilidade respecto á empresa do lixo. Un concelleiro de medioambente que viaxou á sede central para demandarlles que cumpriran o contrato, invertir máis dun ano en sancionar a empresa por incumprimentos, ou agardar ás denuncias do BNG para abrir expedientes son algúns dos exemplos que relata.
Considera González Campo que é obriga do goberno municipal facer un seguemento exhaustivo de todas e cada unha das empresas que traballan para o concello. “ Con cartos públicos estas empresas desenvolven negocios moi lucrativos, co que a supervisión do goberno municipal debe ser constante para que se preste aos e ás redondeláns o servicio contratado”, afirma. Recorda que a Comisión de Seguemento de Servicios Privatizados abandonouse durante o bipartito AER-PSOE. “Recuperaremos este órgano de participación de colectivos e forzas políticas sobre a xestión das empresas concesionarias de servizos privatizados”. 
Xoán Carlos González Campo afirma finalmente que “dende unha alcaldía do BNG crearemos a concellería de servizos privatizados, asumida por unha persoa con capacidade e iniciativa para exercer o debido control sobre as empresas que traballan para o concello, e para os veciños e veciñas de Redondela
O BNG desvela que o concello pagou a Urbaser por servizos xa incluídos na concesión.