Xoán Carlos González empraza a Digna Rivas a “retomar o control” do Pleno.

IMG-20230130-WA0000
Xoán Carlos González e Jéssica García no pleno que o PP abandonou.
Califica ao PP de “follonero” ao intentar bloquear e desprestixiar o máximo órgano de representación municipal.
 
Xoán Carlos González empraza a Digna Rivas a “retomar o control” do Pleno.
“Nos últimos meses da man do Partido Popular tense deteriorado o papel do Pleno como máximo órgano de representación municipal”, denuncia. “As faltas de respeto, nas que en ocasións tamén incurren concelleiras do Partido Socialista, están supondo un lamentable espectáculo de cara á veciñanza”.
Interrupcións constantes nas quendas de palabra, descalificacións, empregar os rogos e preguntas para dilatar as intervencións, deambular repartindo materiais mentras outros compañeiros interveñen, rachar cos acordos de presentación de mocións, son algúns dos episodios que narra o voceiro nacionalista que caracterizan os Plenos en Redondela.
Califica o voceiro nacionalista ao Partido Popular como “follonero” ao protagonizar a maioría destes episodios que ademáis de tentar bloquear o concello, pretende manter bloqueado o Pleno. Relata que en xaneiro abandonaron a sesión sen querer debater mocións como a da rampa de acceso ao IES de Chapela, ou o tren de proximidade. No mes de febreiro mocións que denunciaron que non se lles deixaba debater, retiráronas da orde do día. Sinala directamente a Javier Bas como principal impulsor desta estratexia de desprestixio do pleno.
Responsabiliza á alcaldesa Digna Rivas por permitir estos continuos episodios de desprestixio da institución municipal. “Tén todos os recursos na súa man para facer cumprir coa normativa que regula os plenos”. Entende Xoán Carlos González que a permisividade é contraproducente coa relevancia que teñen as sesións do máximo órgano de representación veciñal. 
“Emprazamos a Digna Rivas a retomar o control do Pleno, en aras á defensa dos intereses dos e das redondelás”, sinala. “Non pode consentir que se lle vaia das mans cando dispón de recursos como as chamadas de atención, ou mesmo a expulsión ante estas evidentes faltas de respeto de cara á veciñanza”.
“Dende o BNG de Redondela traballamos e traballaremos para que o Pleno e a actividade política na defensa dos e das redondelás recupere o seu prestixio. Estamos tratando continuamente asuntos moi relevantes para os nosos veciños e veciñas o que implica asumir responsabilidades e actuar con firmeza na defensa dos valores democráticos e de participación”, remata na súa nota Xoán Carlos González
Xoán Carlos González empraza a Digna Rivas a “retomar o control” do Pleno.