Concentración do BNG en apoio ás traballadoras do mar en Cesantes.

IMG_20230307_181144
Concentración na Praia de Cesantes.
Con motivo da celebración de diversos actos reivindicativos polo Día da Muller Traballadora, a organización local redondelá amosou o seu apoio ás traballadoras do mar. 
Concentración do BNG en apoio ás traballadoras do mar en Cesantes.
Na concentración participaron un bo grupo de militantes e simpatizantes que nun espazo tan simbólico como a Punta da Praia de Cesantes, despregaron unha faixa na que se podía ler “Neste 8M, Coas Traballadoras do Mar” (BNG).
No acto, a concelleira nacionalista Jéssica García Cruz, demandou solucións por parte da Xunta “para as problemáticas que afectan a perto de cen mulleres que desenvolven a súa principal actividade no marisqueo a pé”. Considera que non se pode mirar para outro lado, cando o sector está atravesando unha importante crise. “Moitas destas mulleres traballan para cubrir gastos. A situación prolóngase sen que a administración autonómica prantexe alternativas para asegurar o futuro do sector”.
Nestes días de mobilizacións demandando os dereitos laborais das traballadoras, cobra máis relevancia o apoio ás traballadoras do mar. “Este colectivo quere seguir mantendo a súa actividade, e transmitirlla a outras xeracións en condicións laborais dignas e con futuro. A Xunta debe asumir a súa responsablidade”, rematou na súa intervención Jéssica García Cruz
 
Concentración do BNG en apoio ás traballadoras do mar en Cesantes.