O BNG de Redondela participa na Marcha por unha Vía Verde
Convocados por diversos colectivos de ciclistas, como A Golpe de Pedal, no mediodía do domingo partiu do parque sobre o túnel do “AVE”, de Arcade unha marcha ata Figueirido. Por terceiro ano consecutivo, dende o BNG de Redondela apoiouse esta iniciativa formando parte da andaina. O motivo principal, co que dende a organización nacionalista se concorda completamente, constituíno a demanda de unha Via Verde entre Vigo e a capital da provincia.
O edil do BNG, considerou moi necesaria a implicación do BNG de Redondela, como o de localidades veciñas, “posto que o noso concello veríase beneficiado en arredor de quince quilómetros, por esta infraestrutura máis humanizada, exclusivamente para peóns e ciclistas”.
Ademais de compartir completamente os postulados dos organizadores/as, salientou Xoán Carlos González “a recuperación da antiga vía en Chapela. Nun treito de tres quilómetros que débense poñer a disposición da veciñanza, onde se poden conxugar espazos de lecer, con sendas peonís. Todo un pulmón para esta zoa, ademais de que pode ser un instrumento impulsor da economía local, ao permitir a entrada de ducias de persoas diariamente. Exiximos, por todo isto, que se poña en marcha de inmediato”.
Recorda o voceiro nacionalista, como na cuestión de fomentar o uso da bicicleta, con BNG no goberno, Redondela converteuse en concello pioneiro, establecendo un sistema de empréstamo público, co que o goberno de Javier Bas acabou en canto chegou a alcaldía”.
Chamoulle a atención ao concelleiro do BNG, que malia seren convidad@s dende o goberno municipal de Redondela ninguén participara desta andaina, “malia que o noso concello pode ser dos máis beneficiados”.