O BNG plantexa entre as súas alegacións que terreos da Autoridade Portuaria pasen ao concello de Redondela.

IMG_20240625_083330
Concelleira e concelleiros do BNG de Redondela.

Xoán Carlos González “demandamos a protección da Enseada, impedir aterros e que a N-552 non se convirta en estrada de uso portuario”

 

O BNG plantexa entre as súas alegacións que terreos da Autoridade Portuaria pasen ao concello de Redondela.
A traverso do escrito asinado polo voceiro nacionalista, Xoán Carlos González a organización nacionalista presentou diversas alegacións ao documento de Delimitación de Espazos e Usos do Porto de Vigo (DEUP). Grande parte das afeccións inciden directamente no concello de Redondela, e zonas tan sensíbeis como o Estreito de Rande e a Enseada San Simón.
No seu prantexamento o edil nacionalista destaca que “como forza política comprometida co noso medio natural e medioambiental presentamos alegacións para impedir o que pretende facer a Autoridade Portuaria”. As pretensións son as de converter sesenta mil metros cadrados da beiramar de Redondela, en espazo de almacenamento de contedores, coches,… degradando un espazo protexido pola Rede Natura. 
Alerta Xoán Carlos González ante a posibilidade de que no futuro “se realicen aterramentos que sumen outros sesenta mil metros cadrados, nun espazo especialmente sensíbel dende o punto de vista medioambiental e cultural como o Estreito de Rande”.
Consideran dende o BNG que no caso de que a proposta da Autoridade Portuaria se leve a cabo “a estrada N-552 converterase nun vial de alta densidade de camións de transportes co que afectará negativamente á calidade de vida de ducias de veciños e veciñas de Rande”.
 
 
Afeccións colexio Laredo e Paseo Cardona
Na planificación que a Autoridade Portuaria someteu a exposición pública prantexa a desafección de terreos en Chapela. “Referímonos a parte do patio do colexio de Laredo e do Paseo de Cardona, un punto de esparcemento referente para a parroquia”, sinala o voceiro nacionalista. Segundo explica as pretensións do ente portuario recollen que estos terreos se manteñan como parte do seu patrimonio.
“Demandamos nas nosas alegacións que os terreos desafectados en Chapela pasen gratuitamente ao concello co que se garantiría a utilidade pública desta zona”, defende.
 
Críticas á inacción do concello.
Cuestiona o proceder do goberno municipal por limitarse a contratar por 5.000€ cun estudio de arquitectura para presentar alegacións municipais. “O máis lóxico tería sido movilizar ao conxunto da veciñanza das parroquias afectadas Chapela, Trasmañó e Cedeira para defender a beiramar presentando centos de alegacións”.
Asegura Xoán Carlos González que o Bloque Nacionalista Galego vai continuar traballando “para rescatar Rande dos intereses industriais da Autoridade Portuaria converténdoa e espazo recuperado medioambientalmente”.
O BNG plantexa entre as súas alegacións que terreos da Autoridade Portuaria pasen ao concello de Redondela.