Xoán Carlos González responsabiliza a Digna Rivas do posible fracaso do consello parroquial de Chapela

IMG-20241111-WA0000
Xoán Carlos González na súa intervención no pleno municipal.
“Imos seguir traballando co movemento asociativo como grandes dinamizadores da vida municipal”, enfatizou o voceiro do BNG

 

Xoán Carlos González responsabiliza a Digna Rivas do posible fracaso do consello parroquial de Chapela
O Pleno de outubro volveu deixar en evidencia o desinterese do goberno municipal polos consellos parroquiais. Durante o debate da renovación do de Chapela, o voceiro nacionalista Xoán Carlos González, puxo enriba da mesa numerosos incumprimentos sobre estos entes de participación.
Consellos que dende o verán do 2023 aínda non funcionan, “algún nin sequera se tén solicitado a súa primeira xuntanza” como no caso de Saxamonde. Inicialmente o goberno municipal escudouse na falla de acordo co persoal municipal para que desenvolveran as responsabilidades como secretario ou secretaria municipal. Solventada a problemática, non se producíu un avance importante nos últimos meses.
Algún dos consellos son bloqueados polo propio equipo de goberno, quen na sesión constitutiva excúsanse en que os propios colectivos deberían volver a organizar a súa representatividade, sen un traballo previo.
Os orzamentos participativos constitúen outro dos puntos de enfrontamento, posto que ao dilatarse no tempo os acordos de inversión non se poderán executar no presente ano. 
Xoán Carlos González dirixiuse directamente á alcaldesa ante o exercicio de irresponsabilidade de conceder a presidencia do Consello Parroquial de Chapela, ao concelleiro de AER. Unha persoa que no seu momento traballou para desprazar a representatividade da AA.V.V, quen chegou a dicir en Pleno que non había que manter informada á veciñanza, e que sendo presidente do Consello Forestal Municipal, afirmou que se trataba dun órgano que carecía de sentido prácticamente disolvéndoo.
“Os Consellos Parroquias como órganos de participación en Redondela, están sufrindo unha crise e sabotaxe por parte do propio goberno. Dende o Bloque Nacionalista Galego, seguiremos traballando co movemento asociativo para que sigan actuando como dinamizadores da vida municipal redondelá”, declarou Xoán Carlos González.
Xoán Carlos González responsabiliza a Digna Rivas do posible fracaso do consello parroquial de Chapela