O BNG exixe orzamentos participativos para a accesibilidade da antiga escola de Saxamonde

IMG-20240701-WA0001
Xoán Carlos González, voceiro municipal.

Xoán Carlos González “o goberno de Digna Rivas discrimina á parroquia ao ser a única na que non convocaron o Consello Parroquial”.

 

O BNG exixe orzamentos participativos para a accesibilidade da antiga escola de Saxamonde

“O Consello Parroquial de Saxamonde foi o único que o goberno de Digna Rivas non convocou, o que supón unha grave discriminación para a parroquia”, afirma o voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González.Denuncia que isto vai supor que esa partida económica non se invista e se manteña dentro dos gastos ordinarios municipais.

Para o edil nacionalista trátase dun "chanchullo" que se pretende amañar. “Exiximos que esos  fondos do ano 2024 se adiquen a mellorar a accesibilidade da Antiga Escola de Saxamonde”. Trátase dun edificio emblemático da parroquia de propiedade municipal onde, ademáis de realizar diversas actividades a traverso da Asociación de Mulleres Arela, tamén é colexio electoral. 
Pola ubicación do edificio garántese que persoas con movilidade reducida poidan acceder ao mesmo. “Queremos que se acabe con esta discriminación, polo que a supresión de barreiras arquitectónicas debe realizarse de xeito inmediato. Hai fondos e tempo para facelo”, apunta Xoán Carlos González.
A final de ano deberían investirse os orzamentos participativos dos que dispón cada Consello Parroquial de Redondela. Unha partida duns 15.000€, que son acordados onde investilos a traverso deste órgano de participación veciñal. Entre as súas limitacións, que as obras se realicen no ano natural.
O BNG exixe orzamentos participativos para a accesibilidade da antiga escola de Saxamonde