O goberno de Redondela, dá por boas dúas agresións sexuais no Entroido de Verán

carnaval-verano-redondela

Catro pelexas, unha con lesións de arma branca e corenta persoas atendidas polos servizos de urxencia, considérase normal en aglomeracións de 30.000 persoas.

 

O goberno de Redondela, dá por boas dúas agresións sexuais no Entroido de Verán
Non daba crédito o grupo municipal do BNG á resposta dada polo goberno municipal de Digna Rivas á pregunta formulada no pleno de outubro. No escrito pretendíase que se fixera unha valoración sobre o Entroido de Verán do ano 2024.

Nalgún parágrafo da resposta escrita, o goberno municipal utilizaba o papel desenvolvido polos traballadores e traballadoras, e voluntarios e voluntarias, cuestionando o lexítimo dereito do Bloque Nacionalista Galego a coñecer a versión oficial do goberno municipal

Nesta resposta recoñécese que efectivamente houbo dúas agresións sexuais denunciadas ante a policía. Neste eido non se deteñen a reflexionar que como xa é coñecido por todo o mundo, moitas delas non se denuncian.

Tamén considera dentro do lóxico e esperado que se produciran ao longo de toda a festa varias pelexas, unha multitudinaria e outra con feridos por arma branca. 

En canto ao punto de atención de urxencias, o “hospital de campaña”, dá conta o goberno de Digna Rivas de ata corenta persoas atendidas por cortes, contusións e inxesta desmesurada de alcol

O resumo do goberno local é que ante un evento destas características, na que se congregan ata 30.000 persoas é perfectamente esperable este tipo de situacións.

O goberno de Redondela, dá por boas dúas agresións sexuais no Entroido de Verán