Encontros do BNG con seccións sindicais da CIG e da CUT

IMG_20240625_083330
Concelleira e concelleiros do BNG en Redondela.
Xoán Carlos González “ enmarcamos estas xuntanzas na nosa capacidade de diálogo permanente con representantes sindicais”

 

Encontros do BNG con seccións sindicais da CIG e da CUT
Nas últimas semanas o grupo municipal nacionalista mantivo diversos encontros con representantes sindicais de diferentes ámbitos do noso concello. Por unha banda da sección sindical do concello de Redondela, da CIG, por outra con membros da CUT Urbaser.
Na xuntanza con representantes do comité de empresa do concello, pola CIG, abordáronse problemáticas vinculadas ás dinámicas laborais municipais. A situación da maquinaria municipal, os dereitos de traballadores e traballadoras, o nivel adquisitivo, a necesidade de mellorar a Relación de Postos de Traballo, foron algúns dos temas que se puxeron enriba da mesa. 
“Dende o Bloque Nacionalista Galego consideramos que o persoal funcionario e laboral do concello debe ter garantidos os seus dereitos, para prestar un bo servizo á cidadanía”, declarou o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. Confiou en seguir mantendo encontros deste tipo con calquera representante sindical do concello.
Noutro encontro, nesta ocasión con representantes do sindicato CUT da concesionaria da recollida do lixo, Urbaser, abordouse o futuro inmediato deste servizo.
“Amosaron moito interese en coñecer os pormenores do acordo para a remunicipalización da recollida do lixo no ano 2027”, destacou Xoán Carlos González. “Coincidimos en que dende o punto de vista medioambiental e económico o concello debe recuperar este servizo, unha vez que a actual concesión caduque”, destacou.
Puxo en valor o voceiro nacionalista este tipo de xuntanzas con representantes sindicais “o que demostra a capacidade do BNG de Redondela de manter un diálogo aberto con colectivos, asociacións e representación sindical”.
Encontros do BNG con seccións sindicais da CIG e da CUT