O BNG continúa alegando a proxectos lesivos para Redondela
Xoán Carlos González, “ damos a cara polos e polas redondelás ante proxectos que nos afectan negativamente”
04 nov. 2024 - 08:45
A presentación das Alegacións do Bloque Nacionalista Galego de Redondela, ao documento da Delimitación de Espazos e Usos do Porto de Vigo vén a complementar outras dúas presentadas durante as semanas pasadas. “Foron semanas moi intensas pois afrontamos o estudio de documentos de grande relevancia presentado en pleno mes de agosto”.
A primeiro traballo que enfrontaron dende o BNG referiuse ás alegacións presentadas ao Chan Industrial de Louredo, en Mos lindando coas parroquias de Saxamonde e Vilar. “O impacto negativo ímolo sufrir os veciños e veciñas destas parroquias polo que plantexamos que se desestimara este Polígono”, recorda Xoán Carlos González.
O segundo proxecto a estudiar, difundir e alegar referiuse á instalación dun macroparque eólico entre os concellos de Fornelos de Montes e A Lama. A liña de alta tensión cruzará parte dos montes de Reboreda. “Desenvolvimos unha campaña informativa e difusión desta proposta tan negativa”, informa. Varios centos de alegacións presentáronse nestes últimos días.
Finalmente as alegacións do BNG, asinadas polo propio voceiro nacionalista contemplan a protección do Estreito de Rande e Enseada San Simón. “Ademáis solicitamos que os terreos desafectados pasen a ser de titularidade municipal, principalmente en Chapela”, anuncia o voceiro nacionalista.
Afea Xoán Carlos González que o resto de forzas políticas PP, PSOE, AER, ou mesmo Sumar, non se molestaran en presentar ningún tipo de alegación, campaña de movilización o información. “Dende o BNG seguiremos dando a cara polos nosos veciños e veciñas”, remata na súa nota.
Críticas ao escaso compromiso do concello de Redondela.
O concello de Redondela limitouse a contratar as alegacións presentadas en varios dos proxectos que impactan negativamente en Redondela. Gastou 8.000€.
“Renunciou Digna Rivas e o seu grupo a movilizar ao conxunto da veciñanza con actos informativos, convocando os consellos parroquiais para abandeirar a presión social e deter as pretensións de empresas privadas, da Xunta e da Autoridade Portuaria”, denuncia o voceiro do BNG Xoán Carlos González.