Redución da taxa do lixo nas parroquias pola iniciativa do BNG

IMG-20241028-WA0000

A cota anual da recollida de días alternos quedou na metade fronte á proposta do goberno municipal de elevala aos 100€.

 

Redución da taxa do lixo nas parroquias pola iniciativa do BNG
A actualización da taxa do lixo en Redondela despois de vinte anos sen plantexar ningún tipo de suba, volveu demostrar a capacidade de negociación da organización nacionalista. O acordo máis relevante, a “remunicipalización” do servizo a partires do ano 2027.
Outro dos acordos que acadou o BNG afecta directamente ás parroquias redondelás, nas que a maioría delas a recollida do lixo lévase a cabo días alternos. A pretensión do goberno de Digna Rivas consistía en subir a todas as vivendas ata os 99,70€, houbera ou non recollida diaria.
Segundo palabras do voceiro nacionalista, Xoán Carlos González “manter a suba proporcional tanto na recollida diaria como días alternos, era unha liña vermella”. Ante unha proposta que consideraban abusiva, negociouse que finalmente a cota anual da recollida do lixo nas parroquias quedara nos 49,83€.
Destaca o voceiro nacionalista que se puxo enriba da mesa a viabilidade do servizo da recollida do lixo, preparando unha futura recuperación da xestión directa no futuro inmediato. “Garantimos que o lixo vai ser xestionado a partires do ano 27 con criterios medioambientais e non de beneficios, como foi nos últimos 20 anos”, remata na súa nota.
Redución da taxa do lixo nas parroquias pola iniciativa do BNG