O BNG de Redondela consegue o acordo de remunicipalizar o servizo do lixo
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Redondela anuncia con entusiasmo a remunicipalización do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, un paso decisivo para recuperar a xestión pública dun servizo esencial para o concello.
28 out. 2024 - 08:38
Este logro, froito da última negociación do BNG co PSOE, responde á convicción do Bloque Nacionalista Galego de que a xestión pública garante unha mellor prestación de servizos, máis transparencia e maior eficiencia medio ambiental. O BNG demostra así que desde a oposición son quen de negociar e conseguir cuestións tan relevantes como a remunicipalización do maior servizo público privatizado do concello de Redondela.
O voceiro do BNG en Redondela, Xoán Carlos González, destacou que “a remunicipalización do servizo de recollida de lixo non só suporá unha mellora nas condicións laborais das e dos traballadores, senón tamén prestar un servizo de maior calidade e máis sostible para a veciñanza de Redondela.” Este proceso permitirá, amais, un maior control sobre a xestión e destinar os recursos directamente ao benestar dos veciños e veciñas, prescindido dunha empresa privada como neste caso é Urbaser, que leva anos priorizando os seus beneficios por riba das necesidades de Redondela.
O BNG destaca que durante anos,o servizo estivo en mans dunha concesión privada, cun custo elevado e múltiples deficiencias denunciadas que incluso chegaron a expedientes sancionadores pero que non supuxeron que a concesionaria cumprise o seu contrato aprobado hai case 20 anos. O BNG recollía no seu programa electoral a remunicipalización deste servizo público e, tras intensas negociacións co PSOE de Redondela, logra reverter a situación e devolver o servizo ao control municipal. Tal e como sinala o seu voceiro, Xoán Carlos González, “ o primeiro paso será a inclusión na RPT do 2025 os postos de traballo relacionados coa recollida do lixo”. Engadía que “estamos moi satisfeitos con este acordo porque demostramos que somos unha oposición construtiva que, a través da firmeza somos quen de arrancarlle ao PSOE o compromiso de remunicipalizar este servizo básico”. Recordan que o Partido Socialista durante estes 5 anos que levan gobernando aínda non remunicipalizou ningún dos servizos privatizados.O PSOE demostrou o seu desinterese por recuperar os servizos privatizados, e por iso levamos xa tempo presionando ao goberno para que asuma a xestión directa dalgúns dos servizos” explican desde a agrupación do BNG.
Con este logro do BNG o concello de Redondela camiñará cara un modelo de xestión 100% pública que permitirá tamén desenvolver novas políticas para a redución de residuos e o aumento da reciclaxe pensando na transición ecolóxica para unha Redondela máis verde e sostible.