O BNG PROPÓN QUE O GOBERNO ASUMA A XESTIÓN DIRECTA DA RECOLLIDA DO LIXO ORGÁNICO

IMG-20250701-WA0001
O voceiro municipal, Xoán Carlos González
Xoán Carlos González, “PP, PSOE e AER acordan renegociar o contrato entregándolle a Urbaser 600.000€ en dous anos”.
O BNG PROPÓN QUE O GOBERNO ASUMA A XESTIÓN DIRECTA DA RECOLLIDA DO LIXO ORGÁNICO
A inminente modificación do contratro da recollida do lixo no concello de Redondela tratouse na sesión plenaria do mes de agosto. O BNG quedouse só defendendo unha xestión directa remunicipalizada da recollida do contedor de residuos orgánico, ao considerala unha xestión máis eficiente. 
Esta modificación contractual suporá que o concello aporte 600.000€ á empresa concesionaria en dous anos”, afirma o voceiro nacionalista Xoán Carlos González. Durante a sesión plenaria defendeu que era posible a xestión directa deste novo servizo establecendo un mellor control sobre o proceso da recollida selectiva dos residuos orgánicos. Poderían darse pasos en firme para a remunicipalización do servizo, engadíu
O plan vaise desenvolver nos cascos urbanos de Chapela e Redondela, onde se recollerá tres días á semana. O resto de parroquias deberán conformarse con asumir o reparto de composteiros caseiros, afirma o edil nacionalista. No debate plenario emprazou ao goberno a que dera pasos en firme para os composteiros comunitarios, coa finalidade de que máis vecinos e veciñas se unirán á reducción dos restos orgánicos.
PP, PSOE e AER puxéronse de acordo apoiando unha modificación do contrato da recollida do lixo da que a grande beneficiada vai ser Urbaser, afirma o edil nacionalista. Con cargo aos fondos recibidos dunha subvención e con fondos propios municipais o concello pagaralle ata 2027 á empresa para o tratamento dos residuos do cuarto contenedor. Unha vez máis o gobernó de Digna Rivas, renuncia a realizar un verdadeiro control sobre a xestión dos fondos públicos.
Na proposta recolleuse que o concello compraríalle por valor de 200.000€ a Urbaser, un camión do que xa disponía a propia empresa. “Ademáis o mantemento do camión tamén serán a cargo do concello, un negocio redondo” asegura Xoán Carlos González. Ironiza que mesmo se abonará a limpeza dos contenedores á mesma empresa que tén abandonado esta parte do contrato vixente en Redondela. Outro dos puntos do acordo refírese ao abono da nómina do conductor nocturno durante dous anos.
Califica Xoán Carlos González de abrazo do oso, o acordo do goberno de Digna Rivas cos populares. Mentras se apoian mutuamente para beneficiar a Urbaser con 600.000€, o PP tén recurrido a actualización da taxa do lixo, que no caso de gañar suporá que cerca dun millón de euros deixen de ingresarse nas arcas municipais”. Considera dende o punto de vista económico o concello pode atoparse a medio prazo cun panorama complexo.
No marco das boas relacións e entendemento do bipartito e o PP, recorda o apoio a que Urbaser se dote doutros dous traballadores da recollida do lixo, con cargo aos fondos municipais. “Póñense de acordo para beneficiar a unha empresa, e perder o control directo da xestión do tratamento do lixo”, remata na súa nota o voceiro do BNG
O BNG PROPÓN QUE O GOBERNO ASUMA A XESTIÓN DIRECTA DA RECOLLIDA DO LIXO ORGÁNICO