BNG de Redondela avoga por uns orzamentos para construír unha nova Redondela

Xoán Carlos
Xoán Carlos González
“Débese aproveitar a oportunidade de novas liñas de actuación, cubrindo as necesidades sociais, a mellora dos núcleos urbanos, dinamizando as parroquias”, afirman dende o BNG.
BNG de Redondela avoga por uns orzamentos para construír unha nova Redondela
No debate orzamentario, o voceiro nacionalista Xoán Carlos González, repasou a actividade política dos últimos anos, “nos que nos fomos distanciando do xeito de traballar dos diferentes gobernos de Digna Rivas”, sinala. Recorda que xa no 2021 emprazaron tanto a AER como PSOE, a traballar por uns novos orzamentos, nembargantes, estes, estaban “máis centrados en leas internas”.
Dende a organización nacionalista, xa se realizaran plantexamentos que nunca se solventaron, como a modificación da ordeanza de emerxencia social. Namentres, gobernouse con orzamentos prorrogados do PP, xunto a criterios de subvencións aprobadas en tempos do PP. Outra das cuestións plantexadas, centrouse na necesidade do medre do saneamento como “infraestrutura básica, que debería chegar a moitas vivendas, e relacionada con ela, a problemática dos custes das acometidas”, sinala o edil nacionalista.
Dende abril do 2022 plantexamos a necesidade de que os orzamentos serviran para un novo modelo de goberno para Redondela, onde se dinamizaran os núcleos urbáns e as parroquias aproveitaran toda a súa potencialidade. “Finalmente o que se transmitíu era que os orzamentos únicamente se limitaban a modificacións de partidas”. Recoñece que algunhas propostas prantexadas dende o BNG, si se contemplaron, como as subvencións ás Traídas de Auga, ou o aumento na autoxestión de centros educativos.
Marcan distancias dende a organización nacionalista a respecto do optimismo trasladado dende o Partido Socialista por acadar o défice 0. “Un goberno que se considera de progreso, sempre ten que estar atento ás necesidades sociais para realizar inversións necesarias”.
Non se atendían as necesidades sociais exemplificado en que no ano 2021 tiñan orzamentados 80.000€ para emerxencia social, gastando únicamente 12.000€ durante todo este ano a pesar da crise económica xerada pola COVID e a escalada de prezos. Faltaban nestes orzamentos cuestións que fomentaran a dinámica comercial nos cascos urbanos de Chapela e Redondela, moi afectados durante a crise. “Agora debe ser o momento de que a dinámica comercial, tamén permita consolidar as compras locais e atraer xente doutros concellos”
A inversión nas parroquis limitábase a asfaltados de camiños e alumeado público, cando se trata de entidades que demostraron unha importante dinámica social e cultural, que a pandemia dinamitou.
Finalmente o voceiro municipal, Xoan Carlos González empraza á alcaldesa Digna Rivas a presentar unha nova proposta que impulse as dinámicas sociais de Redondela, en definitiva que atenda as necesidades reais dos redondelás. 
BNG de Redondela avoga por uns orzamentos para construír unha nova Redondela