Encontro Bloque Nacionalista Galego coas mariscadoras da Enseada San Simón
A excesiva mortandade da ameixa, xunto á perda de poder adquisitivo, e a falla de relevo xeracional, entre as maiores preocupacións do sector. Compromiso do BNG, presentar iniciativas no Parlamento Galego.
19 maio 2022 - 18:11
Na tarde do mércores 18 de maio, tivo lugar un encontro das mariscadoras das confrarías da Enseada San Simón, Cesantes, Arcade, Vilaboa, con representantes da organización nacionalista. A deputada Alexandra Fernández, xunto ao deputado, Manu Lourenzo, e o voceiro municipal, Xoán Carlos González, representaron ao BNG. Ao encontro asistiron membros da Plataforma en Defensa da Enseada.
Durante a xuntanza expúxose por parte das mariscadoras a difícil situación que atravesa o sector, dende hai anos, agudizándose durante a pandemia. Grande parte da ameixa fina, babosa ou “japónica” morre antes de chegar ao proceso extractivo, co que os ingresos apenas cubren gastos. O berberecho, o croque, vai polo mesmo camiño.
Describiuse como bancos marisqueiros rendíbeis hai poucos anos, atópanse totalmente improductivos. Moitas delas están a piques de deixar a actividade. Na de Cesantes, hai menos de cen traballadoras, cando hai dez anos superaban as duascentas.
As mariscadoras de Vilaboa, Arcade e Cesantes, insistiron que a actividade extractiva da ameixa pode ser rendíbel, e crear emprego, mais cómpre unha aposta e apoio decidido da administración.
Dende a Plataforma reforzosue o discurso da necesidade de desenvolver a lexislación, que protexer este espazo singular, Rede Natura 2000. Aterramentos, verquidos, falla de saneamento, intereses económicos da Autoridade Portuaria, foron algúns dos elementos postos enriba da mesa.
Pola súa banda Alexandra Fernández e Manu Lourenzo comprometéronse a presentar diversas iniciativas nas vindeiras semanas, para debater a problemática no Parlamento Galego. O voceiro nacionalista, Xoán Carlos González, insistíu na necesidade de por en valor este sector económico, tan relevante para os concellos da Enseada San Simón.